O Ministerio de Industria libera ferramentas para compatibilizar o DNI electrónico con Linux

xoves, 23 de novembro do 2006

O DNI electrónico semella que xa é compatible co sistema operativo GNU Linux, logo de que o Goberno español, a través do Ministerio do Interior, liberase un conxunto de ferramentas tecnolóxicas para superar esta eiva no novo documento.
Segundo informa na súa web a Asociación Galega de Usuarios GNIX hai neste intre a disposición dos cidadáns tres paquetes descargables: para Debian Sarge, Ubuntu Breezy e Ubuntu Dapper. As descargas poden facerse dende a súa web. Por certo que o paquete comprimido con WinZip inclúe un arquivo con sinatura PGP e un arquivo Tarball, no que (á súa vez) poderemos atopar outros cinco paquetes: dúas bibliotecas, un cartafol para Mozilla e outra para Opensc (Smart Card).

PUBLICIDADE