O Messenger baila o Chiki Chiki

venres, 18 de abril do 2008 Marcus Fernández

Podemos definir coma buddy do Messenger tanto a Rodolfo Chikilicuatre como ao Gañán de La Hora Chanante

Aproveitando a proximidade do Día do Orgullo Friki, o equipo de Windows Live España ampliou a súa oferta de buddies (bonequiños do Messenger) para incluír adaptacións moi orixinais de personaxes de ficción coma Ioda, Darth Vader, Chewbacca, Frodo, Spider-Man ou Mr. Spock, pero non quixeron quedar aí, e engadiron ao Gañán de La Hora Chanante e ao candidato de España a Eurovisión, Rodolfo Chikilicuatre, que poderá representarnos agora tamén a nós dende o programa de mensaxería instantánea máis utilizado en España.
Dende a mesma web non se limitan a personaxes frikis coma o Neng ou Buenafuente, senón que tamén achegan a políticos (Zapatero, Rajoy ou Aznar) ou deportistas (Dani Pedrosa, Fernando Alonso ou Pau Gasol) que se alzan como interesantes opcións para os que non queiran amosar a súa propia fotografía no Messenger.

PUBLICIDADE