O MUNCYT estrea unha exposición sobre o I+D español dos últimos 40 anos
martes, 4 de decembro do 2018
Esta mañá tivo lugar a inauguración da exposición Ciencia e TecnoloxÃa en Democracia.
1978-2018 40 anos de investigación en tempos da Constitución Española no Museo
Nacional de Ciencia e TecnoloxÃa (MUNCYT) da Coruña, á que acudiron o
alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro; o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo; o delegado do Goberno, Javier Losada; e o ministro de Ciencia, Innovación e
Universidades, Pedro Duque; entre outras autoridades.
Neste acto, Xulio Ferreiro manifestou que «é momento para reafirmar o
compromiso do Concello coa democratización do coñecemento, co reforzo das
polÃticas públicas que permiten un acceso igualitario á formación, coa
visibilización do traballo e os logros das mulleres na ciencia e o impulso a un
avance tecnolóxico que nos permita poñelo ao servizo das persoas e dos retos
globais que afrontamos, como a loita contra o cambio climático, a saúde ou a
mellora das condicións de vida». Tamén incidiu no papel que teñen as
administracións públicas para lograr que a representación das mulleres
cientÃficas non diminúa segundo máis alto sexa o posto de mando.
Pola súa banda, Núñez
Feijoo asegurou que a mostra proba como a innovación é unha oportunidade para
medrar e ser máis competitivos nos sectores estratéxicos da nosa economÃa,
e lembrou que grazas á innovación Galicia pasou dunha agricultura e gandarÃa de
subsistencia a converterse na primeira comunidade en produción láctea e na 8ª
potencia de Europa en produción forestal. Tamén salientou o feito de que PSA
pasou de fabricar 150.000 vehÃculos en 1978 a producir tres veces máis.
A exposición inaugurada, producida polo Centro para o Desenvolvemento
Tecnolóxico Industrial (CDTI) transmite o progreso económico, empresarial, industrial,
cultural e social ao abeiro dos corenta anos de vida da Carta Magna española e
estará aberta ao público até o 20 de xaneiro.
- A exposición permanecerá aberta até o 20 de xaneiro