O Linux 1.0 cumpre 15 anos

venres, 13 de marzo do 2009

O kernel de Linux cumpre hoxe 15 anos, pois foi un 13 de marzo de 1994 cando saíu a versión 1.0 de Linux, aínda que ese tempo non é nada se o consideramos cos 40 anos que cumprirá o sistema operativo UNIX estea ano (que sería o avó de Linux).
De todos os xeitos, o aniversario sería da primeira versión completa do sistema operativo aberto, pois o proxecto xa nacera en setembro de 1991, cando saíu a versión 0.01, evolucionando grazas ao apoio dunha ampla base de usuarios e desenvolvedores ata converterse nun referente do software libre.

PUBLICIDADE