Factura electrónica

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

O ITE Caixa Galicia acolle unha xornada profesional sobre Internet Low Cost

luns 22 de marzo do 2010, por Marcus Fernández | | Compartir | |

JPEG - 136.1 KB
Francesc Pumarola conducirá a xornada de aproveitamento das posibilidades da Internet por parte da PEME e os profesionais

As empresas, os autónomos e os profesionais con interese en tirar proveito das oportunidades que pode abrirlles a Rede ou que queiran optimizar os seus investimentos neste ámbito poden asistir este martes ás 19:30 horas a unha xornada que terá lugar no ITE Caixa Galicia de A Coruña (sito na Ronda de Nelle, 31) e que impartirá Francesc Pumarola Campeny, xefe de área de Internet de La Voz de Galicia-Canalvoz baixo o título de Internet Low Cost: cómo rendibilizar a Rede para a túa empresa.
Este relatorio terá unha formulación práctica e didáctica, buscando amosar os apartados esenciais para estar presente dun xeito atinado na Rede e as ferramentas existentes para dar a coñecer o mellorar a visibilidade das marcas sen gastar máis do preciso. Trataranse así aspectos como as características esenciais dunha páxina web, o posicionamento en buscadores de Internet ou as vantaxes de deseñar unha estratexia en Facebook.
A xornada é de balde, sendo preciso confirmar previamente a asistencia a través un formulario de inscrición (descargable en formato PDF e que pode remitirse por correo electrónico ou ao número de fax 981 990 851) por mor das limitacións de aforo.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS