O II Mercado Internacional de Curtametraxes exhibirá un catálogo de 2.883 curtas ante profesionais de todo o mundo

venres, 19 de outubro do 2007 Raquel Noya

No marco do IV Festival Internacional Curtocircuito, o concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, vén de inaugurar o II Mercado Internacional de Curtametraxes que organiza a Concellaría que el mesmo representa.
Esta actividade supón unha oportunidade única para o fluxo de profesionais do sector audiovisual procedentes de todo o mundo que se dan cita estes días en Compostela para participar coas súas obras neste mercado. Polo de agora hai 115 acreditados, entre profesionais das mais importantes distribuidoras cinematográficas internacionais, programadores de canles de TV e directivos de prestixiosos festivais internacionais de curtametraxes, aínda que o prazo de inscripción manterase aberto durante todo o mercado.
Este evento está concibido como unha plataforma empresarial para darlle pulo á comercialización das curtametraxes (nesta edición hai inscritas unhas 2.883 curtas) e será punto de partida para establecer contactos bilaterais de negocios entre os distintos profesionais implicados na creación e produción de curtas, como son os guionistas, produtores, programadores e compradores internacionais.

PUBLICIDADE