O IGAPE abre este xoves en Santiago un ciclo de encontros tecnolóxicos sobre innovación empresarial

luns, 2 de outubro do 2006

A sede da Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA) en Santiago acolle este xoves 5 de outubro unha xornada sobre os posibles impactos da nanotecnoloxía nos modelos de negocio empresarial. O tema será desenvolvido por Brent Segal, co-fundador e presidente da empresa de nanotecnoloxía Nantero.
Este relatorio servirá para abrir unha nova serie de xuntanzas tecnolóxicas organizadas polo IGAPE, orientadas a poñer de manifesto a importancia da innovación como ferramenta imprescindible para o éxito empresarial a calquera nivel e en calquera sector. A xornada deste xoves está organizada en colaboración coa Fundación da Innovación Bankinter, que presentará as conclusións dun estudo sobre nanotecnoloxía na empresa. Cómpre sinalar que o día 6, en Vigo e dentro deste mesmo ciclo, o IGAPE promove outra xornada técnica sobre as aplicacións do deseño industrial para a mellora da competitividade das empresas.

PUBLICIDADE