O Honor MagicWatch 2 sae á venda en España
venres, 8 de maio do 2020
Entre
os produtos que está a achegar Honor estes dÃas ao mercado español destacan os
reloxos Honor
MagicWatch 2, que nas súas versións de 42 e 46 milÃmetros teñen un prezo de
lanzamento de 129 e 149 euros respectivamente, o que supón un aforro sobre o prezo
habitual dos produtos.
O Honor MagicWatch 2 é un smartwatch de esfera circular personalizable, cunha
autonomÃa de até 14 dÃas, que busca ter a aparencia dun reloxo tradicional coa
súa caixa de aceiro inoxidable 316L e a súa correa (de pel marrón ou de
fluoroelastómero negro); e conta con funcionalidades deportivas (con 15 modos
de adestramento).
O reloxo conta cunha pantalla AMOLED de 1,39 polgadas e resolución de 454 x 454
pÃxeles; funciona cun procesador Kirin A1, 32 MB de RAM e 4 GB de almacenamento
interno; comunÃcase co noso smartphone por Bluetooth 5.1 para recibir mensaxes
de texto e alertas con vibración; monitoriza o ritmo cardÃaco, a calidade do
sono e o estrés; pode empregarse incluso nadando grazas á súa resistencia á
auga de 5 atmosferas; permite o seu uso como reprodutor musical sen fÃos (2 GB
do seu almacenamento interno poden empregarse para gardar ficheiros en formato MP3
ou LC-AAC, de xeito que non é preciso levar o teléfono enriba para escoitar música
con auriculares sen fÃos); e tamén integra micrófono e altofalante, polo que
serve para responder chamadas directamente dende o pulso.
Un produto moi interesante para os que non se conforman cunha pulseira de
actividade, e prefiren gozar das vantaxes do reloxo conectado completo sen
adquirir un modelo de alta gama.
- A versión de 42 milÃmetros pode adquirirse en cor negra ou rosa
- O modelo de 42 milÃmetros ten un deseño menos agresivo, pensando no público feminino