O Grupo Euskaltel aumenta un 24,5% o seu beneficio neto

martes, 27 de outubro do 2020 Redacción

O Grupo Euskaltel (ao que pertence R) fixo públicos os resultados correspondentes ao terceiro trimestre de 2020, que confirman un novo récord en crecemento de clientes, reforzando a senda de crecemento do Grupo rexistrada nos trimestres anteriores, que están en liña co cumprimento dos obxectivos do seu plan estratéxico para o presente exercicio.
A irrupción de Virgin telco no mercado superou todas as expectativas. No terceiro trimestre do ano, o primeiro trimestre completo dende o seu lanzamento, a nova marca do Grupo Euskaltel para a súa expansión nacional creceu en preto de 30.000 clientes (21.000 de telecomunicacións fixas, e case 9.000 de telecomunicacións móbiles), e está a piques de superar os obxectivos de crecemento previstos para o final de ano.
En total, dende o seu lanzamento o pasado 20 de maio ata o 30 de setembro, Virgin telco conta xa con 27.000 clientes sobre rede fixa, cando o obxectivo do plan de negocio para 2020 é alcanzar os 35.000 usuarios. Sumando os clientes de fixa e de móbil, Virgin telco conta neste momento cun total de 38.000 clientes, en apenas catro meses de presenza no mercado. Coa súa política de flexibilizar a súa oferta de produtos e servizos para ceder ao cliente a decisión dos produtos que desexe contratar, Virgin telco seguiu unha tendencia progresiva semana a semana dende o seu lanzamento. En total, o Grupo Euskaltel conta xa con máis de 800.000 clientes de mercado masivo.
O beneficio bruto de explotación (Ebitda) nos nove meses de 2020 creceu un 3,2 % sobre o mesmo período do exercicio anterior, acadando os 260,2 millóns de euros a 30 de setembro, cunha marxe sobre ingresos do 50,3 %, crecendo 119 puntos básicos sobre setembro de 2019.
Grazas á calidade dos ingresos e á xestión do control de custos realizado, o resultado neto do exercicio a 30 de setembro do Grupo Euskaltel supera os 52 millóns de euros, o que supón un 24,5 % máis que os 41,9 millóns rexistrados nesta data o pasado exercicio.

O Grupo Euskaltel chega a máis de 20 millóns de fogares con fibra óptica

A estes excelentes resultados hai que engadir que o Grupo Euskaltel gañou un enorme potencial de crecemento e rendibilidade grazas aos acordos alcanzados con outros operadores para ampliar a pegada da súa rede de fibra óptica. Neste momento, o Grupo Euskaltel, a través das súas marcas Euskaltel, R, Telecable e Virgin telco, alcanza xa unha cobertura a nivel nacional de máis de 20 millóns de fogares. O aumento da cobertura de rede, así como a optimización na súa xestión, son pancas clave para o crecemento continuado da base de clientes e a rendibilidade da compañía.
Nos últimos meses, o Grupo asinou diversos acordos de rede que lle permitirán seguir ampliando a súa cobertura de rede e o crecemento e a rendibilidade do seu negocio. Entre eles atópase o acordo asinado con Orange para poder acceder a 1,8 millóns de novos fogares do despregamento adicional que realizará a compañía, aos que hai que sumar outros 1,5 millóns.

PUBLICIDADE