O Grupo Barrán anuncia un novo curso sobre desenvolvemento de xogos para Android e Firefox OS

luns, 27 de xaneiro do 2014 Fernando Sarasketa

O Grupo Barrán, compañía compostelá da que falamos recentemente en Código Cero para dar conta das súas actividades formativas arredor de Android e das implicacións do hacking ético, vén de darnos a coñecer novas accións para introducírmonos de cheo nas posibilidades de emprego e desenvolvemento que achega o software libre. Trátase dun novo curso sobre desenvolvemento de xogos para plataformas móbiles abertas. Neste caso concreto, para os sistemas Firefox OS e Android (sen dúbida este o sistema de meirande presenza en dispositivos móbiles de todo o mundo, abranguendo o 90% dos móbiles que se venden na nosa terra, a moita distancia de calquera dos seus competidores). O curso de Barrán ten unha duración de 250 horas repartidas en cinco meses.
O seu custe mensual é de 100 euros e ao remate das sesións formativas farásenos entrega do certificado homologado que avala o noso coñecemento sobre a materia. O curso desenvolverase en Santiago e para os interesados dicirlles que a inscrición pódese formalizar a través da conta info@grupobarransl.net ou ben mediante o número de teléfono 981 557 367.
Sinalar que o Grupo Barrán é unha compañía galega posta en marcha coa arela de achegar as múltiples vantaxes e posibilidades de crecemento a tódolos niveis que ofrece o software libre, tanto para particulares como para empresas. Este labor formativo compleméntase con servizos baseados en creación de páxinas web, computación na nube, apoio a emprendedores ou servizo técnico.

PUBLICIDADE