O Goberno rexistrou o ano pasado 135.000 consultas en materia TIC, un 11,7% menos

mércores, 14 de maio do 2014 Redacción

A Oficina de Atención ao Usuario de Telecomunicacións, dependente do Ministerio de Industria, vén de facer reconto da súa actividade ao longo de 2013. Para comezar, sinálase no informe, recibiu no dito ano un total de 135.082 consultas en 2013, “o que supón un descenso do 11,79% con respecto a 2012”. Do total das comunicacións, a maioría (95,4%) recibíronse por teléfono, mentres que o 4,6% restante chegaron por correo electrónico. A maioría das consultas, máis da metade, corresponden a asuntos relacionados coa telefonía móbil. Séguenlle as preguntas polos paquetes de voz e datos, cun 17,2%, telefonía fixa cun 16,3% e o acceso a Internet cun 8%.
No que atinxe ás reclamacións, foron un total de 31.612 reclamacións o ano pasado, un 6,4% máis có ano anterior. Delas, sinala a Oficina, 31.583 foron resoltas. Do total destas, o 67,4% foron favorábeis ao reclamante, sendo o resto a favor do operador.

PUBLICIDADE