O Goberno levará a banda larga a 726 vivendas e empresas de Quiroga

mércores, 10 de xaneiro do 2024 S. P.

A subdelegada do Gobierno en Lugo realizou este 9 de xaneiro unha visita institucional ao concello de Quiroga para manter un encontro no que se abordaron cuestións relacionadas co papel desenvolvido polo Estado no municipio lucense. Isabel Rodríguez informou ao alcalde, José Luis Rivera, dos investimentos que está a realizar o Goberno no concello como a posta en marcha da Internet a alta velocidade.
A subdelegada tamén animou ao alcalde para “solicitar a axuda do Gobierno cando a precise” e d”e seguir apoiándose mutuamente para desenvolver todo o potencial do municipio”.
Respecto da Internet de alta velocidade, Rodríguez avanzou que os investimentos que está a realizar o Goberno no municipio servirá para achegar a banda larga a 726 vivendas e empresas. Este servizo, dixo, estase a despregar na actualidade no municipio e nas parroquias, apostando por levar a modernización das infraestruturas de rede ao rural.
“Con estes investimentos, a Quiroga facilítanselle opcións en materia de infraestruturas xunto co resto dos municipios lucenses, velando pola importancia que teñen os seus cidadáns para a comarca e o conxunto da provincia“, sinalou.

PUBLICIDADE