O Goberno achega achega 86.004 euros a Guntín do Plan UNICO de Banda Larga

xoves, 26 de outubro do 2023 S. P.

A subdelegada do Gobierno, Isabel Rodríguez, realizou este mércores 25 de outubro unha visita ao concello de Guntín para observar o alcance no municipio das actuacións de mellora da eficiencia enerxética do IDAE e conectividade banda larga, cun investimento total de 372.651 euros. Xunto á alcaldesa María José Gómez, subdelegada puido comprobar a pegada que están a deixar estes fondos, “especialmente para Guntín, concello integrado no Reto Demográfico”, co fin de que os territorios de menos de 5.000 habitantes “teñan máis acceso a servizos e recursos”.
En termos máis concretos, Rodríguez verificou os proxectos que levou a cabo o IDAE nos últimos anos a través do programa DUS5000, no que se renovaron as instalacións da iluminación exterior nas parroquias de San Cibrao de Monte de Meda, San Román da Retorta, Santa Cruz da Retorta, Vilamea, Zolle, Chao do Monte, Francos, Leboriz, Mougán, Outeiro, Piñeiras, Santoalla, Berlai, Corredoira, achegando 287.646 euros. O programa, xestionado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica, promove actuacións de eficiencia enerxética nas distintas localidades da provincia.
Xunto ao programa DUS5000, Guntín tamén conta con 86.004 euros do Plan ÚNICO – Banda Larga, co que se pretende a despregadura de Internet de alta velocidade a 100 Mbps para todos os habitantes do termo municipal. O plan valora dar acceso a Internet con esta velocidade a 3.080 fogares e empresas marcando “un novo fito para levar este servizo indispensábel a zonas que axudarán a fixar poboación, freando o despoboamento”.

PUBLICIDADE