O GULO renova a aparencia da súa páxina web
luns, 13 de outubro do 2008
O
Grupo de Usuarios de GNU/Linux de Ourense, GULO,
renovou a imaxe da súa páxina web, mantendo como base o xestor de
contidos Joomla, pero presentando un molde máis limpo e estruturado, de xeito
que non cambian os contidos da web senón a súa presentación.
Na entrada da nova web podemos
ver agora unha imaxe co logotipo do grupo xunto co lema GULO, the right way, que serve para dar a benvida aos usuarios
ourensáns que queiran entrar no mundo do software libre.