O GDG Santiago organiza unha xornada de introdución a Docker

martes, 4 de abril do 2017 Marcus Fernández

O Grupo de Desenvolvedores de Google de Santiago de Compostela (GDG Santiago) organiza mañá na Aula A7 da Escola Técnica Superior de Enxeñaría unha xornada de introdución á tecnoloxía Docker (Docker from 0 to ninja (I): The basics), que botará a andar ás 19:00 horas e que, en función da súa acollida influirá na celebración de futuras xornadas para tratar diferentes aspectos desta plataforma.
As xornadas sobre Docker do GDG Santiago serán impartidas por Armando Nogueira Río e Diego Reiriz Cores, e na cita de mañá explicarán os conceptos básicos da plataforma e ensinarán os principais comandos para a xestión de imaxes e contedores. Recomendan aos asistentes que acudan co seu ordenador portátil con Docker instaldo e algunha imaxe descargada para facer máis interactiva a actividade.

PUBLICIDADE