AOI

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

O Firefox Mobile para Android progresa a bo ritmo

luns 1 de marzo do 2010, por Marcus Fernández | | Compartir | |

Tras rematar a primeira versión móbil oficial do Firefox para os terminais con Maemo 5, a Fundación Mozilla bota o ollo a outras plataformas coma os móbiles con Android, e aínda que tal produto non debería concretarse ata finais de ano, parece evidente que a tradución do código entre Maemo e Android resulta bastante doada (estamos ante dos sistemas abertos), e parece que poderiamos ver versións de proba públicas antes do agardado, xa que en Facebook están a publicar imaxes de Fennec (o nome chave do Firefox Mobile) nun terminal Nexus One, no que hai uns días xa corría unha versión de escritorio de Firefox, ou sexa, que non parece haber problemas en funcionar este navegador web en Android, polo que o traballo dos seus responsables orientaríase principalmente en dotalo dunha interface de usuario de seu, que faga doado o seu manexo nos móbiles con Android e as súas pantallas táctiles.
A tenor destas imaxes parece lóxico pensar que no verán poderiamos ver versións de proba do Firefox para Android, aínda que tampouco estamos ante unha aplicación moi demanda, posto que os navegadores web actuais están a demostrar un bo rendemento en terminais móbiles, mentres que o Firefox teno difícil para superalos en velocidade e aforro de recursos de sistema.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS