O Firefox 4 Beta incorpora aceleración gráfica por hardware

mércores, 8 de setembro do 2010 Marcus Fernández

A última versión de proba do Firefox 4 incorpora interesantes novidades coma o soporte de aceleración gráfica por hardware (en sistemas baseados en Windows con DirectX 10), a visualización de son (a través dunha nova API que permite acceder aos datos do son reproducido dende as etiquetas <video> e <audio> de HTML5) e a mellora de seguridade mediante a adopción do novo protocolo HSTS.
Tamén mudou o seu administrador de complementos (que conta cun deseño renovado) e mellorou a velocidade de carga de páxinas web.


Explicación da aceleración gráfica por hardware en Firefox 4


Exemplo de uso da nova API de audio do Firefox 4 Beta