O EGM reflicte que a radio en streaming dobra en audiencia á onda media
venres, 1 de decembro do 2017
A Asociación para a Investigación de Medios de Comunicación
(AIMC) presentou os resultados da terceira onda do Estudo Xeral de Medios (EGM)
que recolle os resultados do traballo de campo realizado entre o 6 de setembro e
o 14 de novembro, o que permite coñecer detalles como o consumo de medios de
comunicación por parte da poboación española, o que nesta ocasión permite botar
un ollo á audiencia da radio a través da Internet, diferenciando o streaming da descarga de podcasts.
Sabemos asà que o promedio de oÃntes que escoitan a radio durante o dÃa é de
23,6 millóns, o que supón unha penetración do medio do 59,3%, dos que 1.775.000
farÃano a través da Internet, optando 1.440.000 polo streaming e 384.000 polo podcast.
Que a Internet teña xa o 7,5% dos oÃntes da radio, e o streaming o 6,1% é especialmente rechamante por facernos ver que o
streaming dobra en cota á onda media
(3,1%), mentres que o podcasting está aÃnda un pouco por debaixo da escoita
de radio a través da TDT (2%).