O DivX Tech Preview leva o soporte de vídeo en MKV a Windows 7

mércores, 23 de setembro do 2009 Marcus Fernández

Os afeccionados a ver películas e series de televisión no ordenador agradecerán que Windows 7 incorpore soporte nativo de vídeos en AVI/DivX, pero grazas á DivX Tech Preview, pode incorporarse ao novo sistema operativo de Microsoft o soporte de DivX Plus HD, incluíndo unha versión nativa do DivX MKV Demux, de xeito que permite reproducir vídeos coas extensións .divx e .mkv.
Esta solución para a reprodución de contidos en alta definición no PC (habitualmente en formato Matroska ou MKV) ten coma vantaxes que pode aproveitar a aceleración por hardware da compresión H.264 que inclúen moitos equipos, á vez que permite servir en rede vídeo tanto en DivX coma en DivX Plus HD e incluso permite que os vídeos coas extensións soportadas teñan miniaturas de seu.
De todos os xeitos hai que advertir que estamos ante unha solución de adianto, que aínda conta con moitas limitacións, coma só reproducir a pista de audio principal dos vídeos, non soportar subtítulos e non inclúe o DivX 7 integrado.

PUBLICIDADE