O DivX Pro pode descargarse de balde por tempo limitado

venres, 8 de xuño do 2007 Marcus Fernández

Os usuarios que gusten de converter e reproducir vídeos en DivX poden aproveitar durante as vindeiras horas unha promoción que permite a descarga do paquete de DivX Pro de balde, precisando só de introducir o seu enderezo de correo electrónico para recibir un número de serie para rexistrar o produto.
O paquete DivX Pro inclúe o reprodutor multimedia de DivX e un conversor para este tipo de ficheiros (prestación só accesible inicialmente na versión de pago) e a oferta que permite descargalo de balde permite a súa licenza tan para a versión de Windows como para a de Mac OS X, o que supón un aforro de 19,99 euros e axuda así a promocionar este codec de vídeo que está a loitar actualmente por facerse un espazo na web, para non reinar só nos escritorios e reprodutores de DVD domésticos.

PUBLICIDADE