O Diario de Pontevedra galardoa ao proxecto XaTcobeo

xoves, 25 de abril do 2013 Redacción

O XaTcobeo foi o primeiro picosatélite galego posto en órbita

Os Premios Pontevedreses 2012 son uns galardóns entregados polo Diario de Pontevedra co patrocinio de Ence e Novagalicia Banco, que entregaranse a finais de maio en Pontevedra, e dos que veñen de publicar a listaxe de gañadores, entre os que destaca o proxecto do picosatélite XaTcobeo, encabezado polo profesor Fernando Aguado, e que conta cun equipo de 60 alumnos e 32 investigadores das escolas de enxeñaría de Telecomunicación, Informática e Industriais, que ante este novo recoñecemento aseguran estar “moi agradecidos” destacando que “o premio reforza a satisfacción dun traballo que permitiu a moitos alumnos, xa enxeñeiros, poderse situar en empresas e institucións punteiras a nivel internacional”, segundo comentou o propio Aguado.
Pero o XaTcobeo non será o único proxecto deste tipo desenvolvido dende Galicia, senón que xa se está a traballar no HumsatD, novo picosatélite que porase en órbita polo foguete Dnepr posiblemente entre os meses de setembro e outubro.

O equipo do XaTcobeo recibirá o Premio Pontevedreses 2012

PUBLICIDADE