O Diario Oficial de Galicia di definitivamente adeus ao papel
venres, 29 de abril do 2011
- As distintas edicións do D.O.G. vistas en El Correo Gallego
A edición electrónica do
Diario Oficial de Galicia (DOG) substituirá definitivamente á versión
impresa o vindeiro luns, 2 de maio, segundo a orde publicada hoxe no propio
Diario Oficial, o que supón subir un chanzo máis no proceso de modernización da
Administración autonómica e cúmprese cun dos obxectivos recollidos no decreto
de Administración electrónica aprobado polo Goberno galego o pasado mes de
decembro.
A edición electrónica do DOG garante a mesma validez xurÃdica que a versión
en papel asà como un servizo público universal, de consulta gratuÃta e libre
acceso a toda a cidadanÃa, simplificando os procesos de produción, reducindo o
tempo de edición, a racionalización do gasto e a difusión gratuÃta do boletÃn.
Entre as principais vantaxes da edición en liña está o importante aforro
económico de máis de 1 millón de euros anual ao eliminar o uso do papel para a
súa publicación xunto coa redución do impacto ambiental. Ademais, a súa lectura
será máis fácil ao estar estruturado dun xeito máis sinxelo e a súa consulta
será máis áxil ao poder realizarse busca no seu contido.
Os cidadáns terán a posibilidade de descargar en formato dixital e de
imprimir en soporte papel copias fidedignas das edicións do DOG, tendo a
consideración de copias auténticas sempre que inclúan a impresión do código de
verificación electrónica que permite contrastar a súa autenticidade e que está
impreso na esquina inferior esquerda de cada páxina.