O Dalai Lama estrea conta en Twitter
martes, 23 de febreiro do 2010
O microblogging
está a converterse nunha moda que chega a case todos os ámbitos, e o último en
sumarse á febre do Twitter non é outro que o
Dalai Lama, que estrea conta verificada
en tal plataforma, de xeito que garántese que estea actualizada polo propio
Dalai Lama ou por xente da súa confianza, pois hai que lembrar que
anteriormente existÃa un suplantador desta popular figura pública.
Polo momento a conta do Dalai Lama en Twitter emprégase para promocionar os
contidos da páxina web oficial do Lama e das súas aparicións en medios de
comunicación, de xeito que os interesados no seu dÃa a dÃa poden estar ben
informados, e no momento de escribir estas liñas xa superou os 66.000
seguidores, aÃnda que dificilmente conseguirá o seguimento masivo doutros
persoais, pois parece quedar claro que é un gabinete de comunicación o
encargado de actualizar este espazo, de xeito que non é de agardar que haxa interacción cos seguidores, o que limita
moito o atractivo de seguir a este lÃder relixioso a través da Internet.