O DJI Mini 4 Pro achega prestacións profesionais nun dron de menos de 250 gramos
luns, 25 de setembro do 2023
Para
evitar moitas das limitacións regulatorias DJI leva uns anos apostando forte polos
drons de consumo cun peso inferior aos 250 gramos, de xeito que poden operarse
sen licenza e voar en moitas condicións nas que un dron estándar non estarÃa
permitido. A evolución destes pequenos drons está a ser moi rápida, de xeito que
pasamos do que parecÃa un simple xoguete para introducirse no mundo dos drons
até o novo DJI Mini 4 Pro, que
conta con funcións moi avanzadas, non tendo practicamente nada que envexar aos
seus irmáns maiores.
Cun peso de menos de 249 gramos o DJI Mini 4 Pro pode empregarse en numerosos
escenarios con grande seguridade, contando tamén cun sensor CMOS de 1/1.3 polgadas
cunha nova plataforma de procesamento de imaxes e fusión de ISO dual nativo, de
xeito que ofrece imaxes cunha calidade que poderiamos describir como cinematográfica.
Ten unha apertura f/1.7, a resolución das imaxes capturadas é de 48 MpÃxeles e
a nivel de vÃdeo tanto permite gravar en 4K con HDR a 60 imaxes por segundo
como pode realizar cámaras lentas en 4K a 100 imaxes por segundo. De cara ás
redes sociais tamén permite a gravación de vÃdeo en vertical sen perda de
calidade.
O dron pode gravar vÃdeo en D-Log M de 10 bits, de xeito que rexistra as
pelÃculas con un rango dinámico moi elevado e unha grande riqueza de cores,
mentres que as fotografÃas tamén poden rexistrarse en RAW, ou sexa, que é un dispositivo
orientado á captación de contidos para a súa posterior edición de calidade.
Unha das grandes vantaxes que ten o DJI Mini 4 Pro é que mellora a súa
seguridade con detección de obstáculos omnidireccional, utilizando múltiples
obxectivos grande angular e un par de sensores de visión inferior, de xeito que
detecta obstáculos en todas as direccións, freando ou esquivando obstáculos de
xeito automático cando é preciso.
Un detalle tamén a considerar deste novo dron de pequenas dimensións e lixeiro
peso é que inclúe tecnoloxÃa de transmisión de vÃdeo O4 de DJI, o que permite
ver o vÃdeo que rexistra o dron en Full HD a 60 imaxes por segundo a unha
distancia de até 20 quilómetros. Tamén conta cun sistema de regreso á orixe de
xeito automático e a posibilidade de voar até 45 minutos de empregar a baterÃa
de voo intelixente Plus.
Ao DJI Mini 4 Pro non lle faltan funcións intelixentes como MasterShots,
QuickShots, Hyperlapse e Panorámica; pode transmitir os seus contidos
rapidamente ao smartphone para facilitar que poidamos compartilos rapidamente
en redes sociais; e ten un sistema de edición de vÃdeo LightCut que permite
crear vÃdeos fascinantes cun único toque.
Este novo dron está xa dispoñible a
un prezo que parte dos 799 euros, aÃnda que o máis recomendable é adquirilo
nun lote que custa 1.129 euros e que inclúe un mando con pantalla, 3 baterÃas
de voo intelixente, centro de carga e bolsa de transporte.
O DJI Mini 4 Pro serÃa moi semellante ao DJI Air 3 en prestacións (agás polo
feito de que o Air 3 conta con dobre cámara), aÃnda que o novo trebello serÃa
máis económico e lixeiro, polo que é de esperar que sexa un produto moi
demandado para traballos profesionais nos vindeiros meses.
VÃdeo de presentación do DJI Mini 4 Pro