O Consello da Cultura Galega inaugura colección de e-books cun poemario de Paz Andrade
luns, 4 de xuño do 2012
Co gallo do DÃa das Letras Galegas o Consello da
Cultura Galega editou como facsÃmile o poemario Canto do pobo disperso escrito en 1955 por ValentÃn Paz
Andrade, e hoxe mellora a súa distribución publicando a obra tamén en formato
dixital (ePUB) o que facilita a súa lectura en eReaders, tablets e outros
dispositivos de lectura, e inaugurando a colección
de libros electrónicos do Consello.
Esta edición estivo ao coidado de MarÃa Xesús Lama, profesora da Universidade
de Barcelona, e autora do estudo introdutorio deste poemario inédito que xa pode
descargarse de balde.

- Canto do pobo disperso visto no iPad grazas á nova edición do CCG
