O Concurso Lucus Intercentros retransmitiuse en streaming grazas ao alumnado da Fundación TIC
venres, 19 de xaneiro do 2018
Este
19
de xaneiro entregáronse en Lugo os premios da sétima edición do
Concurso Lucus Intercentros do IES Muralla Romana. No acto, unha
xornada lúdica e formativa organizada polos estudantes de Asistencia
á Dirección do dito centro lucense, participou o responsábel de
Deportes e Mocidade na Deputación de Lugo, Pablo Rivera. O certame
foi retransmitido en directo con tecnoloxÃa streaming
polos estudantes da Fundación TIC (Deputación de Lugo), que
editarán un DVD co material gravado co fin de contribuÃr á
difusión da actividade.
A
xornada,
como dixemos,
está organizada polos alumnos de Administración e Xestión do IES
Muralla Romana, coa axuda da Escola de Imaxe e Son de Lugo (EIS,
Fundación
TIC),
da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón e o
departamento de Informática do CIFP Politécnico de Lugo.
A
sétima edición do certame reuniu a alumnos e profesores dos
institutos de Educación Secundaria públicos de Lugo: Anxel Fole,
Lucus Augusti, Nosa Señora dos Ollos Grandes, Xoan Montes, Leiras
Pulpeiro, San Xillao e Muralla Romana. Ao longo da mañá
disputáronse distintas probas eliminatorias ás que se enfrontaron
os equipos participantes. Os alumnos sometéronse en cada unha delas
a dez preguntas tipo test elaboradas por profesores das distintas
áreas do instituto anfitrión.
Retransmisión
en streaming
Dez
alumnos e alumnas de segundo curso de Realización Audiovisual da
Escola da Fundación
TIC,
baixo a supervisión dun docente, encargáronse da transmisión en
streaming.
Os estudantes rotaron entre os postos de realizador, mesturador, son
e cámara. Estre
traballo rotativo tivo o obxectivo de permitir que todas e todos
tiveran
as mesmas oportunidades de aprendizaxe. A
de hoxe
foi a primeira experiencia cunha práctica fóra das instalacións da
Escola este ano. Segundo
informa a Deputación de Lugo, repetirase esta oportunidade
no Campionato Internacional de Baristas que se celebra dentro dun mes
no Concello de Foz.