O Concello e Compostela Monumental achegan aos comerciantes un curso para superar os retos tecnolóxicos actuais

mércores, 20 de outubro do 2021 S. P.

A Asociación de Comerciantes e Empresarios Compostela Monumental organiza os días vindeiros unha actividade destinada a axudar aos establecementos a superar os novos desafíos que trouxo a pandemia e, tamén, nos novos hábitos tecnolóxicos de consumidores e mercado. O Curso Retos do Comercio Local impartirase na modalidade de teleformación. Abrirá o prazo de inscrición este 25 de outubro.
Forma parte do Ciclo de Formación Compostela Móvese, que o Concello e a devandita patronal poñen a disposición do colectivo de persoas autónomas, comerciantes e empresarias, e que ten como finalidade facilitar ferramentas aos pequenos empresarios e comerciantes para a mellora da competitividade dos seus negocios.
Estas formacións gratuítas online veñen acompañadas de titorías e asesoramentos individuais sobre as principais tendencias e oportunidades para o comercio de Santiago: as estratexias onmicanle, as novas técnicas de mercadotecnia e as metodoloxías para captar clientela e vender online. As sesións desenvolveranse os martes e os mércores desde o 26 de outubro ao 24 de novembro en horario de 19:30 a 21:30 horas.

PUBLICIDADE