O Concello de Santiago apostará polo dixital para evitar o exceso de velocidade
mércores, 24 de setembro do 2008
O Concello de Santiago vai apostar polas novas tecnoloxÃas para contribuÃr a unha condución máis segura no eido da cidade, amais de ampliar por esta vÃa o control sobre as posibles infraccións de tráfico. A iniciativa, que vén de recibir unha subvención do Ministerio de Fomento por valor de 600.000 euros, terÃa un custe total de 675.645 euros. A idea é sinxela: incorporaranse equipamentos tecnolóxicos para achegar información actualizada da situación nas rúas da cidade, tanto a través da Rede como mediante uns paneis que van estar habilitados nos recantos da urbe onde a circulación é máis crÃtica.
Segundo informa El Correo Gallego dando conta de fontes do Concello (máis polo miúdo da ConcellerÃa de Mobilidade), o proxecto consta en realidade de varios proxectos integrados. Por unha banda, a posta en marcha dunha páxina web, que serÃa o eixe ou a columna vertebral da iniciativa, amais dun parte actualizado do estado da circulación urbana, achegando deste xeito datos anticipados (no senso de que cada condutor pode ver dende o fogar, pola vÃa de Internet, o que lle espera na rúa). Por certo que os datos da web tamén os poderemos consultar en marcha.
Por outra banda, a iniciativa abrangue o equipamento de cinco grandes paneis encamiñados a cumprir a mesma función cá web, pero de xeito máis inmediato, directo e local. Un dos seus obxectivos principais: dotar de posibilidade de anticipación aos condutores, que terán ao alcance da man a opción de evitar un atasco, achegándose ademais circuÃtos diferentes.
A maiores, tamén se subministrarán a través destes equipos datos sobre a situación dos aparcamentos. Os primeiros paneis estarán habilitados en Mestre Mateo, rúa do Hórreo, Amor Ruibal, Camiño Francés e Virxe da Cerca. A todo este despregue tecnolóxico hai que engadir un terceiro paso: o da habilitación de radares en espazos estratéxicos da cidade, dirixidos a impedir o exceso de velocidade por parte dos condutores. Estes sistemas completaranse con outros ligados á rede de sinais luminosos, polo que será posible, por exemplo, que se localice e fotografe aos automóbiles que pasen con luz vermella. Polo que respecta aos peóns, cómpre sinalar que tamén haberá tecnoloxÃa ao seu alcance. Por exemplo: unha serie de cronómetros habilitados nos semáforos que contribúan a evitar que os viandantes fiquen no medio da estrada coa luz en vermello. Do que se trata é de axustar o tempo que se emprega en cruzar unha rúa.
Todos estes sistemas serán controlados por un centro de datos situados nas instalacións da PolicÃa Local, dende onde se subministrará de xeito constante a información á páxina web e á totalidade da rede.