O Concello de Rianxo organiza charlas nos centros educativos sobre videoxogos e ciberseguridade

xoves, 4 de abril do 2024 S. P.

O Servizo de Informática do Concello de Rianxo vai desenvolver esta tempada un ciclo de xornadas formativas nos centros educativos do municipio para abordar cuestións creativas relacionadas coas novas ferramentas tecnolóxicas e outras cuestións vencelladas á ciberseguridade.
En concreto, o ciclo inclúe dúas sesións a celebrar en distintos centros docentes do municipio: unha sobre as bases da industria dos videoxogos para móbiles (poñendo o foco neste ámbito como sector en auxe ao que dirixirse profesionalmente) e outra sobre as principais ameazas tecnolóxicas (un percorrido polos principais riscos da Rede e polas metodoloxías que podemos aplicar para garantir navegacións seguras) .
O martes 2 e o mércores 3 de abril as sesións serán no CEIP Castelao. Nuns días realizaranse no CEP Xosé María Brea Segade e no CEIP Ana María Diéguez. As datas concretas serán comunicadas polo Concello ao longo dos vindeiros días.

PUBLICIDADE