O Concello de Melide avanza cara á administración dixital renovando a súa páxina web
martes, 10 de xuño do 2008
Nos últimos dÃas
o Concello de Melide estrea novo
portal web e novo dominio na Internet co gallo do 75º aniversario da
edición do libro Terra de Melide da
editorial Nós. A nova web convértese nunha canle de comunicación e servizos
para os seus visitantes, supondo un importante paso adiante con respecto do
espazo anterior.
A nova web do Concello achega a actualidade da vila coruñesa, información sobre
convocatorias (emprego, concursos, premios), avisos, axenda cultural e mesmo a
posibilidade de facilitar os trámites máis habitual do Concello.
Os turistas atoparán na nova web moita información de interese sobre a vila,
mentres que os cidadáns tamén poderán coñecer máis de preto as áreas do
Concello e os seus responsables. Xunto coa información sobre concurso públicos
e licitacións, o novo espazo convértese nunha ferramenta para dotar de
transparencia parte da xestión municipal.
O desenvolvemento da nova web, que serve
como punto de comezo para a implantación da administración dixital no Concello
de Melide, nace dunha iniciativa cun investimento duns 30.000 euros
nas anualidades de 2007 e 2008 dentro do proxecto Cidades Dixitais 2007-2010,
financiado pola ConsellarÃa de Innovación e Industria, o Ministerio de
Industra, Turismo e Comercio e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.