O Concello de Lugo xestionará cun sistema informático o seu novo alumeado no rÃo Rato
venres, 28 de decembro do 2018
A
Deputación de Lugo e o
Concello inauguraron hoxe o novo
alumeado do paseo fluvial do rÃo Rato e a estrada LU-P-2925. Segundo
fixeron saber o presidente DarÃo Campos e a alcaldesa Lara Méndez,
a infraestrutura enerxética contou cun investimento de 750.000 euros
do Executivo provincial. O alumeado abrangue un treito de 7
quilómetros, entre a avenida de Madrid e o parque do Sagrado
Corazón, no que se situaron 283 puntos de luz ecolóxicos (LED): un
total de 103 luminarias na estrada e 147 no paseo fluvial. As luces,
cuxa intensidade oscila entre os 179 vatios e os 12,5 (tendo en conta
o seu emprazamento para respectar a sustentabilidade), acompáñanse
dun sistema informático para facer seguimento a distancia do
equipamento.
Segundo
informaron, as probas de funcionamento da aplicación tecnolóxica
faranse primeiro dende a Axencia Provincial da EnerxÃa para logo ser
xestionada polo Concello de Lugo. Permitirá, entre outras cousas,
regular a intensidade luminosa, aforrar custos ao poder adaptar a luz
ás condicións climatolóxicas, e garantir a luminosidade. Nunha
pantalla o municipio lugués poderá controlar o correcto
funcionamento de cada un dos 283 puntos de luz.