O Concello de Brión organiza un curso de búsqueda de emprego a través de Internet

martes, 8 de xaneiro do 2008 Raquel Noya

Os vindeiros días, martes 26 e xoves 28 de febreiro, terán lugar no Centro Social Polivalente de Brión, un curso de búsqueda de emprego a través de Internet que organiza o devandito concello para tódolos interesados en aprender a buscar emprego a través de páxinas especializadas en ofertas e demandas de traballo a través da Rede. O curso, que é de balde, está destinado a persoas con coñecementos de manexo de Internet e terá unha duración de catro horas. O prazo de inscripción remata o vindeiro 25 de xaneiro.
Por outra banda, o Concello de Brión tamén organiza un curso de xestión de contas de correo electrónico de moita utilidade para aquelas persoas interesadas en aprender a configurar e consultar as súas contas de correo electrónico, editar mensaxes, elaborar listas de correo e grupos, consultar e eliminar mensaxes e a configurar contas a través de programas tipo Outlook Express.
O curso está destinado a persoas con coñecementos de manexo de Windows e terá unha duración de dúas horas (o xoves 14 de febreiro, de 20:00 a 22:00 horas) no Centro Social Polivalente.
As persoas interesadas en participar nalgún destes dous cursos poden inscribirse antes do 25 de xaneiro ben directamente en www.briondixital.org, no Centro Social Polivalente ou ben a través do teléfono 981 509 910.

PUBLICIDADE