O Concello de Boqueixón lanza dous cursos para mellorar o manexo das novas tecnoloxías

venres, 9 de setembro do 2022 S. P.

O Departamento de Cultura do Concello de Boqueixón organiza os cursos Novas Tecnoloxías e Manexo do Móbil para que as persoas interesadas poidan aprender ou mellorar o seu coñecemento en materia tecnolóxica e, tamén, para reducir a fenda dixital entre a poboación habituada a usar estas ferramentas e as persoas que non. O prazo de inscrición remata o 23 de setembro e pódese realizar a solicitude no rexistro municipal ou a través da sede electrónica.
Así o obradoiro de Novas Tecnoloxías impartirase de outubro a xuño en tres niveis:
Nivel I: martes de 15:30 a 17:00 no Forte. Sen coñecementos previos. 15€/mes.
Nivel I: venres de 10:00h a 11:30h en Lestedo. Sen coñecementos previos. 15€/mes.
Nivel II: xoves de 10:00h a 12:00 en O Forte. Con coñecementos previos. 20€/mes.
Pola súa parte, o curso de Manexo do Móbil inaugura este ano a súa primeira edición, que terá unha duración de tres meses (de outubro a decembro). Non son necesarios coñecementos previos e impartirase todos os martes en O Forte en horario de 17:00h a 18:30h cunha mensualidade de 15€.
As prazas dos cursos son limitadas. Para máis información chamar ao 981 513 115.

PUBLICIDADE