O Concello de Ames habilita unha nova plataforma web para os plenos municipais
xoves, 16 de xullo do 2020
O
proceso de transformación tecnolóxica dos nosos concellos segue a
dar pasos de xigante. Sen ir máis lonxe, este
16 de xullo o Concello de Ames presentou un novo portal web destinado
a permitir que a cidadanÃa vexa online aos plenos da
corporación. Trátase dunha plataforma na que se acubillan as
sesións municipais dende novembro de 2016 (intre no que comezaron,
en fase de proba, as gravacións do plenos a través da aplicación
VÃdeoActa que ofrece a empresa Ambiser), á que a veciñanza pode
acceder a través dun banner situado a pé de páxina da web
do Concello, entre outras canles de acceso.
Os
antecedentes
Para
poder dispor dunha plataforma web que albergase os vÃdeos, o 31 de
outubro de 2019 o Concello de Ames aprobou o expediente de
licitación, mediante procedemento negociado sen publicidade previa e
suxeito a tramitación anticipada, do servizo de mantemento e soporte
do sistema de VÃdeoActa e do servizo de hospedaxe web e
almacenamento en servidor externo do Concello, convocando a súa
licitación.
Trala
correspondente tramitación do expediente de licitación, o pasado 23
de xaneiro de 2020 adxudicouse o contrato dito servizo á empresa
Ambiser Innovaciones S.L. por un importe total de 19.660,73 euros
(IVE incluÃdo) e por un perÃodo de catro anos (ata 2023). A oferta
económica inclúe o servizo de soporte, mantemento e backups
por 9.425,92 euros; o servizo de instalación e migración do Centro
de Procesamento de Datos (CPD) por 1.450,21 euros; e mailo servizo de
hospedaxe por 8.784,60 euros. O Concello de Ames abonará o importe
total de dito contratos dividido en catro anualidade (2020-2023).
Segundo
engade o Goberno local, o portal web de VÃdeoActas ademais dos
plenos das sesións plenarias tamén dispón de dous apartados máis
onde se poden acubillar as reunións da mesa xeral de negociación e
do comité de seguridade e saúde.
Pódese
acceder a dita web a través dun banner que está ao pé da
páxina de inicio da web municipal ou a través do apartado de
Atención cidadá, información e participación; Comunicación
municipal; Medios de comunicación municipais; Videoteca. Tamén se
poden ver ditos vÃdeos no buscador das sesións de plenos da páxina
web municipal.