O Concello de Ames fai unha aposta polo software libre

xoves, 6 de marzo do 2008

A empresa compostelá eLaboro vén de ser contratada polo Concello de Ames para implantar na localidade a tecnoloxía precisa para a xestión integral de expedientes administrativos na área de Cultura e Deportes.
Esta iniciativa vaille permitir á poboación realizar solicitudes e consultas de xeito telemático con total seguridade e comodidade así como reducir os arquivos administrativos, facilitando o intercambio entre as distintas unidades de xestión e a consulta da evolución dos expedientes.

PUBLICIDADE