O Concello da Coruña e Democom presentan un proxecto tecnolóxico revolucionario

martes, 11 de novembro do 2008

O Club Financeiro Atlántico da Coruña vai dar acollida, mañá mércores 12 de novembro ás 10:00 horas, a rolda de prensa convocada polo Concello da Coruña, o operador galego Democom e a Universidade alemá de Saarbrücken para presentar un pioneiro proxecto tecnolóxico “de alcance internacional” que están a desenvolver de forma conxunta.
Á convocatoria asistirán Enrique Tello, primeiro tenente alcalde do Concello da Coruña e Xosé Antonio Ferreira, presidente de ITC Grupo en representación de Democom, que darán a coñecer os pormenores do acordo que formalizaron coa universidade alemá de Saarbrücken para desenvolver o devandito proxecto tecnolóxico.

PUBLICIDADE