O Cluster da Madeira organiza un curso en liña sobre innovación

xoves, 8 de marzo do 2007

O Cluster da Madeira vai organizar este 20 de marzo un curso en liña e de balde sobre Xestión da innovación na madeira. Esta actividade, que vai orientada a persoas en activo e/ou interesadas no I+D aplicado ó sector, enmárcase dentro do proxecto Interreg Siefi. O curso dará comezo o 20 de marzo, e inclúe dúas sesións presenciais: unha o mesmo día do comezo en Santiago (de 10.00 a 14.00 horas) que servirá para presentar a plataforma web e outra que aínda se está sen confirmar e que lle porá fin ó ciclo. Poderán inscribirse nel tódolos profesionais vinculados ó sector da madeira e forestal, así como calquera persoa que teña interese na innovación empresarial. Para recibir máis datos sobre o curso cómpre porse en contacto coa organización a través deste enderezo: formacion@eosa.com.

PUBLICIDADE