O Clúster convoca as súas asembleas xerais para o vindeiro 3 de abril

venres, 7 de marzo do 2014 Redacción

O Clúster TIC Galicia anunciou esta semana a celebración de dúas xuntanzas consecutivas previstas para o vindeiro 3 de abril, xoves. Por unha banda, unha asemblea xeral ordinaria programada (primeira convocatoria para as 16.30 horas e segunda para as 17.00 horas) e, pola outra, unha asemblea xeral extraordinaria (cuxas quendas están previstas para as 19.00 e as 19.30 horas). Ámbalas dúas sesións celebraranse no Edificio da Fundación Empresa-Universidade de Galicia, FEUGA, en Santiago de Compostela.
A medida de xuntar dous encontros dos integrantes da plataforma nunha única xeira responde, en palabras do Clúster, á pretensión de resolver do xeito máis doado e áxil posíbel “cuestións funcionais e máis a adecuación dos órganos de goberno aos novos estatutos”.
A asemblea xeral ordinaria inclúe a seguinte orde do día.
1. Lectura de acta anterior, e aprobación se procede
2. Ratificación de altas e baixas
3. Presentación e aprobación, se procede, do Informe de xestión do ano 2013
4. Presentación e aprobación, se procede, do Informe económico do ano 2013. Aprobación das contas anuais e proposta de resultado do exercicio 2013
5. Presentación do Regulamento de Réxime Interno, e aprobación se procede
6. Proposta de cotas para o ano 2014, e aprobación se procede
7. Rogos e preguntas.
A asemblea extraordinaria, pola súa banda, vén co seguinte programa:
1. Lectura da acta anterior, e aprobación se procede
2. Elección da Presidencia
3. Elección dos membros do Comité de Dirección
4. Rogos e Preguntas

PUBLICIDADE