O Club Financiero de Vigo acolle un novo encontro TIC

luns, 24 de marzo do 2008 Raquel Noya

Mañá, martes 25 de marzo, terá lugar no Club Financiero de Vigo o encontro tecnolóxico Encuentra TIC, que baixo o título A televisión dixital interactiva, un novo mercado para as empresas TIC, analizará este campo dende o punto de vista das distintas partes implicadas.
O acto, organizado polo Foro da Sociedade da Información e a agrupación empresarial Ineo, en colaboración coa Aula de Investigación e Innovación da Consellaría de Innovación e Industria, contará coa participación das empresas Laboratorio de TVDI da Universidade de Vigo e Arantia.
O encontro dará comezo ás 19:00 da man do director xeral de I+D+i, Salustiano Mato de la Iglesia e posteriormente terán lugar os relatorios de José Pazos Arias, responsable do Laboratorio de TVDI da Universidade de Vigo e de Jacobo Penide Quintela, director xeral de Arantia que mostrará os novos xeitos de ver televisión grazas á TDT.
A partires das 20:30 horas, terán lugar diversos encontros profesionais entre empresas do sector de tecnoloxías da información e a comunicación para identificar posibles oportunidades de negocio baseadas na cooperación.

PUBLICIDADE