O CiberpaÃs publica a súa radiografÃa das webs municipais españolas con luces e sobras sobre as galegas
xoves, 19 de xullo do 2007
Como vén sendo habitual nestas data, o
suplemento tecnolóxico de El PaÃs publicou o seu informe sobre as páxinas web dos
concellos españois, que vai xa pola súa sétima edición e que analiza xa un
total de 138 webs en parámetros como a facilidade para realizar trámites
propios da Administración electrónica, a accesibilidade ou a incorporación de
servizos colaborativos baseados na Internet.
Este ano destaca que 133 dos 138 concellos inclúen rueiro, 104 permiten a
realización de xestións dende as súas webs, 80 permiten o pago telemático e 69
inclúen o seguimento das peticións administrativas, ou sexa, que a evolución
actual é moi positiva, de xeito que a situación é totalmente diferente das
primeiras edicións da radiografÃa que
fai o CiberpaÃs das webs municipais.
- Algúns concellos como o de A Coruña contan coa súa propia canle de vÃdeo
De tódolos xeitos, un parámetro que continúa a suspender a Administración
electrónica é a accesibilidade, con só
44 concellos que superan o test de accesibilidade que é obrigado por lei.
Tamén hai un cambio importante nas webs dos concellos, que están
a adaptarse ó seu uso dende o móbil, inclúen contidos multimedia, chaman á
participación cidadá e ofertan servizos sociais de distintos tipos (dende o
intercambio de prazas de aparcadoiro ata a petición de doazóns de sangue
urxentes) aÃnda que, como no resto da Rede, a estrela deste ano o vÃdeo, con
concello como o de A Coruña, que inclúen a súa propia televisión en liña.
Seguindo en Galicia podemos ver as dúas caras da moeda, pois temos que o Concello de Vigo é o cuarto de España segundo
os criterios do CiberpaÃs, recoñecéndose o seu favor dun mellor trato co cidadán,
mentres que por outra banda temos o caso de Pontevedra, que é
unha das ovellas negras estatais, quedando na posición 136, ou sexa, quedando só
por detrás de Torrevieja e Torremolinos.
Vigo: Concello exemplar
O informe destaca o traballo do concello de Vigo por aliviar a carga burocrática
para o cidadán, contando cunha Oficina
Virtual na que atenden as 24 horas e mesmo aceptan o DNI electrónico para a
identificación, estando á cabeza de España nos servizos de Administración
electrónica.
A web tampouco se queda curta en servizos de sindicación de novas por RSS (incluÃndo
mesmo alertas de tráfico), carpetas cidadáns e outras facilidades que lle
valeron o recoñecemento do CiberpaÃs como unha das mellores webs municipais.
Pontevedra: a vergoña do Estado
Ourense e Pontevedra estaban historicamente nos últimos postos de anteriores
entregas deste informe e, mentres Ourense retomou posicións ata chegar ó posto 62,
o Concello de Pontevedra amosa unha patética imaxe na Rede, sendo unha das 4 peores
webs en accesibilidade, non responde ás consultas cidadás, non permite realizar
pagamentos, non inclúe buscador interno e convértese asà na peor web dunha
capital de provincia española que agardemos que mellore no futuro.