O Centro de Dinamización de Betanzos presenta o seu programa para xaneiro
mércores, 30 de decembro do 2009
A Rede de
Dinamización da Sociedade da Información, en colaboración co Concello de
Betanzos vén de anunciar máis actividades de achegamento ás Novas Tecnoloxías
que terán lugar no mes de xaneiro na localidade coruñesa.
Os obradoiros
que se van desenvolver e as datas nas que terán lugar son os seguintes:
Mecanografía: o horario será de 18:00-20:00, os días 18, 19, 20, 21, 25, 26 e 27 de xaneiro.
Iniciación ao procesador de textos Writer: os
días 18, 19, 20 e 21 de xaneiro pola mañá en horario de 10:30-12:30
horas.
Creación de contas de correo electrónico:
terá lugar os días 4, 5, 7, 11 e 12 de xaneiro de 18:00-20:00.
Alfabetización dixital: informática e internet: desenvolverase os días 4, 5, 7, 11, 12 e 13 de xaneiro de 10:30-12:30
Asemade, está
prevista a realización de dúas charlas; a primeira levarase a cabo a partir das
11:30 do venres 8 de xaneiro e tratará sobre as posibilidades da formación en
liña que ofrece a Rede de Dinamización e o día 22 de xaneiro a partir das 11:30
darase unha charla sobre o Google Earth e as súas posibilidades. Ambas as dúas
teñen límite de prazas por “rigoroso” orde de inscrición.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre estas e outras actividades organizadas polo
Centro de Dinamización da Sociedade da Información de Betanzos, poden dirixirse
ao enderezo: rúa Emilio Romay s/n, chamar ao teléfono 981 77 13 00 ou mandar un
correo electrónico a rebeca.betanzos@dinamiza.fundacioncalidade.org