O Centro Sociocomunitario de Ourense-Centro renovou a súa aula de informática

xoves, 15 de novembro do 2012 Redacción

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martínez, acompañado do xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar, José Selas, mantivo esta mañá un encontro co director do Centro Sociocomunitario de Ourense-centro, Xosé Manuel Aldemira

A aula de informática do Centro Sociocomunitario de Ourense-centro renovouse ao abeiro dun convenio subscrito pola Fundación La Caixa e a Consellería de Traballo e Benestar. Así, este espazo dotouse de 20 postos de formación completo de informática, 10 ordenadores de última xeración e novo mobiliario. Este centro ten programadas actividades informáticas impartidas por profesores a cargo do convenio asinado coa entidade crediticia catalá e, ademais, tamén hai un grupo de voluntarios que catro días á semana acoden ao fogar do maior para impartir clases de informática y de manexo da Internet.
Este centro sociocomunitario, emprazado na rúa Concello e cunha superficie de 1.600 m2 en dous andares, é un referente para os maiores ourensáns dende o ano 1972 no que comezou a funcionar e se puxo ao servizo da cidadanía coa finalidade de mellorar a calidade de vida dos usuarios mediante a promoción sociocultural das persoas e, a día de hoxe, é un importante lugar de encontro interxeneracional e de comunicación na cidade das Burgas.
Segundo os últimos datos, este centro recibe a máis de 5.000 usuarios e usuarias, e nestes momentos está a desenvolver obradoiros de psicomotricidade, ximnasia, teatro, encaixe de Camariñas, pintura, manualidades, coro, gaita ou informática, entre outros talleres. A maioría dos usuarios que acoden a este centro teñen entre 65 e 80 anos.
A ocupación media diaria cífrase en máis de 150 persoas polas mañás e 300 polo serán, incrementándose ata 500 as fines de semana e festivos xa que é cando celébrase as sesións de baile.

PUBLICIDADE