O Centro Portaberta organiza este sábado unha sesión de Buzz

xoves, 20 de novembro do 2008

O Centro de Lecer Portaberta de Oleiros ten programada para esta semana unha actividade de divulgación relacionada co eido dos videoxogos. Máis polo miúdo, trátase dunha sesión teorico-práctica de introdución ao Buzz, xogo de carácter educativo que pon a proba os coñecementos de cultura xeral dos participantes. A actividade, dirixida sobre todo a mozas e mozos, está prevista para o sábado 22 ás 20.00 horas. Para máis información, cómpre porse en contacto co centro a través de centro.portaberta@gmail.com.

PUBLICIDADE