O Centro Demostrador TIC prepara tres obradoiros para adestrar ás empresas do sector en novas tendencias

mércores, 18 de abril do 2012 Fernando Sarasketa

O Centro Demostrador TIC, aberto hai un ano en Santiago (Conxo) coa fin de afianzar contactos e comunicación entre a oferta e a demanda TIC do noso país, vai organizar unha serie de obradoiros sobre o que nos depara, en materia de ferramentas para uso común das nosas empresas, o futuro máis inmediato da Sociedade da Información. Os obradoiros en cuestión serán un total de tres e desenvolverase ao longo destes meses de abril e maio. Inseridos na vertente de formación e capacitación do Centro Demostrador (que complementa a vertente de aglutinador oferta-demanda) organizaranse baixo epígrafe Talleres sobre novas tendencias tecnolóxicas para PEME TIC.
Estes son, punto por punto os obradoiros inseridos:
· Taller sobre vixilancia tecnolóxica e intelixencia competitiva, de 8 horas de duración, que terá lugar o xoves 26 de abril
· Taller sobre aplicacións para smartphones e redes sociais, de 8 horas de duración, que terá lugar o xoves 10 de maio.
· Taller sobre Cloud Computing, de 16 horas de duración, que terá lugar os días 23 e 24 de maio.
As tres actividades iniciaranse co relatorio dun experto na materia e están pensados para ofrecer unha visión eminentemente práctica e de negocio, que permita ás empresas obter novas ideas e mellorar o seu coñecemento sobre ambos conceptos.
A asistencia é gratuíta, condicionada ao aforamento do local e previa inscrición en liña a través do portal web do Centro Demostrador TIC.

PUBLICIDADE