O Celga 2 poderase cursar en liña a partir de marzo
xoves, 6 de febreiro do 2020
O certificado de acreditación da lingua galega (Celga) universalÃzase coa posta
en marcha do nivel de aprendizaxe 2 (B1) na modalidade de teleformación,
tal e como anunciou a Xunta hai un ano, cando avanzou que antes do remate da
lexislatura estarÃan implementados e en funcionamento todos os cursos
preparatorios das probas de acreditación dos catro primeiros niveis Celga (ao
Celga 5 só se pode acceder mediante a validación de estudos universitarios de
especialidade en galego). O vindeiro 16 de marzo arrancan os primeiros cursos
en liña preparatorios das probas do Celga 2, que ofrecen un total de 150 prazas
distribuÃdas en cinco aulas virtuais e que requiren matrÃcula previa gratuÃta
desde a Sede Electrónica da Administración autonómica ata o 19 de febreiro.
Asà o deron a coñecer hoxe pola mañá en conferencia de prensa os
secretarios xerais de PolÃtica LingüÃstica e da Emigración, ValentÃn GarcÃa, e
Antonio RodrÃguez Miranda, respectivamente, e a directora da AMTEGA, Mar
Pereira, acompañados do responsable da empresa encargada de desenvolver este
proxecto, Imaxin, Diego Vázquez Rey.
«Galicia estrea o curso Celga 2 en liña e dá un paso importante completando
a oferta formativa en liña destinada ao Celga», sinalou ValentÃn GarcÃa durante
a súa intervención. O secretario xeral avanzou tamén que os próximos traballos
destinados á formación e aprendizaxe do galego mediante o sistema Celga «van
centrar esforzos na inclusión para adaptar materiais, recursos e metodoloxÃas
ás diferentes necesidades especiais da cidadanÃa».
A directora da Amtega destacou que a tecnoloxÃa elimina os lÃmites
temporais e espaciais e as fronteiras, facilitando o acceso a formación desde
calquera lugar do mundo. Pereira enmarcou esta iniciativa nas medidas para
incrementar os servizos en liña aos galegos, entre eles a teleformación, e
tamén nas actuacións para facilitar o acceso universal e a difusión da cultura
e a lingua galegas como o portal da lingua, o tradutor Gaio e todas as liñas da
Memoria Dixital de Galicia, na que se enmarca a recente posta en marcha do
portal de toponimia e a aplicación que permite a colaboración da cidadanÃa para
recompilar e xeorrefenciar os topónimos galegos.
Pola súa banda, o secretario xeral da Emigración, Antonio RodrÃguez
Miranda, salientou a importancia dunha iniciativa que «pon a disposición de
toda a colectividade a aprendizaxe da nosa lingua». «A partir de hoxe, calquera
galego en calquera lugar do mundo pode acceder a este curso», incidiu.
Celga 2 en liña
O
novo curso Celga 2 en liña completa a oferta formativa en liña do sistema
Celga nos catro niveis que se poden acreditar mediante exame, para facilitar o
acceso á formación en lingua galega da poboación adulta sexa cal for o lugar
onde viva e a ocupación e horario que teña.
Os obxectivos e contidos do curso Celga 2 en liña correspóndense cos do
nivel B1 do Marco europeo común de referencia para as linguas (MECRL). Para
alcanzar este nivel, o curso emprega textos, vÃdeos e audios en diferentes
tipos de actividades prácticas, de acordo coa pedagoxÃa construtivista social
que o guÃa e que implica a colaboración, o papel activo do discente e a
reflexión crÃtica. AsÃ, través dunha interface de navegación sinxela, lixeira,
eficiente e intuitiva, o alumnado accede a unha das oito unidades do curso,
organizadas arredor dunha tarefa principal e divididas en catro bloques:
comprender, explorar e reflectir, practicar e comunicar e viaxar. Neles, o
alumnado atopará actividades tipo consulta, tarefa, diálogo, chat, foro,
glosario, wiki, cuestionario ou reunión, entre outras posibilidades.
O curso Celga 2 en liña axústase aos obxectivos, ao programa e ao contido
curricular establecidos para cada un dos niveis sinalados na Orde do 16 de
xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos
niveis de coñecemento da lingua galega (Celga). Foron elaborados por un grupo
de expertos docentes partindo do manual Aula 2 pero cunha ampla actualización
tanto nos textos, nos vÃdeos como nos audios, adaptados para os deseños de
novas actividades máis actualizadas.
Estes curso vanse desenvolver entre o 16 de marzo e o
8 de maio, segundo o recollido na resolución publicada no DOG o pasado 29 de xaneiro.