O Carballo Interplay premiará con 1.500 euros ao mellor proxecto de webserie en galego
xoves, 25 de febreiro do 2016
A III
Edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay (CIP), que se
celebrará os dÃas 5, 6 e 7 de maio, ofrecerá un novo
premio, de 1.500 euros, para o mellor proxecto de webserie en galego para "fomentar
a creación dixital innovadora, en lingua galega e para o mundo", segundo
comentou Sonia Méndez, directora do certame na presentación
que se celebrou esta mañá, e na que tamén estiveron presentes o alcalde de
Carballo, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Promoción Económica, Xosé
Regueira.
O novo galardón, que se resolverá cun pitching
en directo durante o festival e cuxa dotación deberá destinarse á produción dos
primeiros capÃtulos da webserie premiada, súmase aos xa existentes: mellor webserie
de imaxe real, mellor webserie de animación, mellor webserie internacional e
mellor webserie en versión orixinal en galego con 800 euros e trofeo, para cada
categorÃa, e a escolla do público, con 400 euros e trofeo. Ademais, haberá
trofeos para a mellor actriz, o mellor actor e un premio AGAG ao mellor guión.
En suma, O III Carballo Interplay repartirá máis de 5.000 euros en premios. As
persoas que queiran participar poden
facelo dende hoxe mesmo até o 27 de marzo a través da súa páxina web.
O CIP, que acadou nas dúas pasadas edicións unha grande repercusión a nivel
nacional e internacional, situou Carballo como unha referencia para o público e
para os profesionais do sector da creatividade dixital, ao converterse no
primeiro concello de España que contou cun festival de webseries e de novos
formatos narrativos. A organización está actualmente pechando o programa de
actividades da terceira edición do certame, do que Méndez adiantou que
"apostaremos non só polas webseries, senón por todos os contidos dixitais:
creación de contidos especÃficos para a rede e novas maneiras de difusión
cultural a través da Rede".
O Concello e a organización do evento completan a oferta cun ciclo formativo
que se desenvolve nos meses previos, o FormaCIP, que nesta
edición amplÃa a súa oferta tamén á xente miúda. Novas narrativas, marketing
dixital, novas tecnoloxÃas, produción e financiación audiovisual, dirección de
actores, robótica para nenos e nenas, Lego Mindstorms, Arduino, paleta gráfica
codeco ou emoticonas analóxicas son algúns dos coñecementos que adultos,
estudantes, nenos e nenas poderán adquirir no ciclo formativo do Festival de
Contidos Dixitais Carballo Interplay, FormaCIP, dende o vindeiro 12 de marzo
ata a mesma fin de semana do Festival.