O Cámara galega aposta polo software libre e as súas aplicacións

mércores, 17 de xaneiro do 2007 Raquel Noya

Na vindeira Conferencia de Presidentes de Parlamentos Autonómicos (COPREPA), que se desenvolverá decontado, a presidenta do noso hemiciclo, Dolores Villarino, ten previsto na súa intervención tratar o tema do software libre e das novas tecnoloxías, así como a renovación da infraestrutura dixital que se levará a cabo na cámara galega.
Na cita institucional, Dolores Villarino dará a coñecer un plan para fomentar o emprego dos programas libres entre os deputados e traballadores do Parlamento de Galicia, malia que, polo menos até o de agora, se lle vén contratando a maioría das súas aplicacións a Microsoft.
Esta hexemonía podería ter data de caducidade no Parlamento grazas ó plan anunciado pola súa presidenta e, aínda que o grao de introdución dos programas libres non foi detallado polo de agora, sábese que será “progresivo e en diversos ámbitos”.

PUBLICIDADE