O CPETIG e AMTEGA impulsan novas formacións nas aulas CeMIT ao servizo da cidadanía

venres, 9 de setembro do 2022 S. P.

O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG), en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), levará a cabo unha serie de cursos de formación á cidadanía sobre os servizos dixitais na Administración, a través dos Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (Rede CeMIT). Serán oito xornadas de capacitación tecnolóxica ao servizo da sociedade galega.
Os cursos, que se realizarán nos meses de setembro e outubro, desenvolveranse de forma presencial na rede de aulas CeMIT da Xunta de Galicia e tamén serán retransmitidos en directo por vídeo-conferencia para poder seguilos desde calquera punto unha iniciativa que está encadrada dentro do marco das accións definidas na Estratexia Galicia Dixital 2030.
Destinatarios
Tendo en conta que un dos obxectivos desta iniciativa é “mellorar as competencias dixitais da cidadanía para facilitar a súa comunicación e interacción coa administración”, as actividades ofertadas estarán destinadas a todos aqueles cidadáns, maiores de 16, que necesiten ter ferramentas para favorecer a súa inclusión dixital co fin de que as tecnoloxías contribúan a aumentar a súa calidade de vida.
Contidos
O programa de formación organizado no marco do convenio de colaboración asinado entre a AMTEGA e o CPETIG abordará ao longo das oito sesións formativas presenciais (cada unha de dúas horas de duración) diversas temáticas orientadas a que os cidadáns coñezas os principais servizos dixitais que se poden levar a cabo coas institucións públicas.
As actividades, que se celebrarán os martes e xoves nun horario de 18.00h a 20.00h, desde o 13 de setembro, serán impartidas por colexiados e colexiadas do CPETIG con ampla experiencia na Administración Electrónica (eAdministración). As mesmas desenvolveranse de xeito presencial en oito puntos diferentes da comunidade, e retransmitidas en directo coa finalidade “de que cidadáns de todas as provincias poidan obter aquelas competencias dixitais que lle faciliten e melloren a súa relación coas administracións”.
As sesións complementaranse con material de apoio adicional (guías, exercicios, enquisas, lecturas e consultas recomendadas…) que estará dispoñíbel na Plataforma de Teleformación da Rede CeMIT - EMA asignada ao alumnado.
Datas, lugares e ligazóns
– 13 setembro: As sedes electrónicas e como identificarse ante á Administración. Cuntis, Guitiriz, Cuntis, Marín, Fisterra, A Cañiza, Zoom
– 15 setembro: O DNI electrónico e a sinatura dixital. A Cañiza, Guitiriz, Cuntis, Marín, Fisterra, A Cañiza, Santa Comba, Zoom
– 20 setembro: A sede electrónica da Xunta de Galicia. Ribadeo, Guitiriz, Cuntis, Marín, Fisterra, A Cañiza, Santa Comba, Boiro, Zoom
– 22 setembro: Trámites tributarios. Guitiriz, Guitiriz, Cuntis, Marín, Fisterra, A Cañiza, Zoom
– 27 setembro: Trámites tributarios. Santa Comba, Guitiriz, Cuntis, Marín, Fisterra, A Cañiza, Boiro, Zoom
– 29 setembro: Trámites xerais coa administración. Negreira, Guitiriz, Cuntis, Marín, Fisterra, A Cañiza, Santa Comba, Zoom
– 4 outubro: A miña É-Saude. Leiro, Guitiriz, Cuntis, Marín, Fisterra, A Cañiza, O Barco de Valdeorras, Zoom
– 6 outubro: Notificacións da administración. Castro Caldelas, Guitiriz, Cuntis, Marín, Fisterra, A Cañiza, Zoom
Rexistro
As prazas asignaranse por orde de inscrición, sendo necesario facer un rexistro previo directamente nas ligazóns indicadas no cadro de datas anterior ou na páxina da Rede CEMIT.

PUBLICIDADE