O CPETIG capacita en eAdministración á veciñanza de Guitiriz

xoves, 1 de setembro do 2022 S. P.

A Aula CeMIT de Guitiriz acolle este outono un curso de Administración Electrónica para facilitar as relacións da cidadanía coas entidades públicas. Trátase do curso Aprende a realizar trámites de forma sinxela, impartido polo Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia (CPETIG).
Desenvolverase de maneira combinada, con sesións formativas dinámicas e participativas co formador en directo, que irán acompañadas de fichas con actividades prácticas. De maneira complementaria, haberá contidos formativos engadidos para poder acceder á formación en calquera momento.
O curso inclúe 8 sesións de 2 horas cada unha. Todas as sesións serán retransmitidas en liña. O alumnado pode realizar o curso completo, ou ben calquera das súas partes.
Temáticas
Sesión I – As sedes electrónicas e como identificarse ante á Administración- data: 13 Setembro: 18:00 a 20:00h
Sesión II- O DNI electrónico e a sinatura dixital- Data: 15 Setembro: 18:00 a 20:00h
Sesión III – A sede electrónica da Xunta de Galicia – Data: 20 Setembro: 18:00 a 20:00h
Sesión IV e V – Trámites tributarios – Data: 22 e 27 Setembro: 18:00 a 20:00h
Sesión VI – Trámites xerais coa administración – Data: 29 Setembro: 18:00 a 20:00h
Sesión VII: A miña É-Saude – Data: 04 outubro: 18:00 a 20:00h
Sesión VIII: Notificacións da administración- Data: 06 outubro: 18:00 a 20:00h
O prazo para realizar a presinscrición remata este 9 de setembro. Deberá facerse a través de WhatsApp (606325597) ou no correo electrónico: cemit.guitiriz@xunta.gal.

PUBLICIDADE