O CPEIG e a AMTEGA organizan 18 obradoiros para aprendernos a manexar o novo equipamento diruptivo das aulas CeMIT

luns, 10 de xullo do 2023 S. P.

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia da Xunta de Galicia (AMTEGA) organizan nos meses de xullo, agosto, setembro e outubro unha formación arredor do equipamento disruptivo na Rede CeMIT. O obxectivo destes obradoiros é formar á cidadanía no uso de equipamento innovador co que se ten dotado ao tecido autonómico de aulas de alfabetización tecnolóxica.
Esta actuación enmárcanse no convenio de colaboración asinado entre o CPEIG e a Axencia autonómica este ano no marco do Plan de Reforma e Ampliación da Rede de aulas CeMIT (2022-2025) para mellorar os servizos de capacitación e formación dixital dos centros CeMIT e adaptarse ás novas demandas da cidadanía.
Organizaranse 18 obradoiros presenciais, de catro horas cada un, nas aulas CeMIT de diversos concellos das catro provincias galegas (en Pontevedra o mércores-12 de 10 a 14 horas), ademais de en Valga, Oroso, O Barco de Valdeorras, Vigo, Ponteareas, A Estrada, Betanzos, Guitiriz, Cuntis, Quiroga, Castrelo de Miño, Moaña, Vimianzo, Boiro, Ribeira, Celanova e San Sadurniño. A inscrición pode realizarse a través da web da Rede CeMIT ou poñéndose en contacto directamente con cada aula.

Recepción do novo material disruptivo da Aula CeMIT de Boiro, o pasado mes de marzo

Como dixemos, a iniciativa ten como finalidade impartir cursos formativos para un uso práctico do novo equipamento disruptivo dispoñíbel na Rede de aulas CeMIT. Explicarase o funcionamento e usos das impresoras 3D, drons, lentes de realidade virtual, e kits de programación e comunicación como Arduino e Raspberry Pi.
Cada sesión irá acompañada de pílulas informativas de cada elemento, sintetizando os seus aspectos técnicos e principais posibilidades, así como diversos recursos para a súa aprendizaxe de xeito que os usuarios e usuarias poidan inspirarse e interactuar cos diversos sistemas cunha finalidade ocio-educativa.
A actividade está dirixida á cidadanía en xeral que non precisará contar con coñecemento previo, aínda que si con competencias básicas no uso da TIC.
Cursos e inscricións
12 de xullo Pontevedra. Aula CeMIT (Edificio Administrativo da Deputación. Gran Vía de Montero Ríos s/n). 10 a 14 horas;
13 de xullo Valga. Aula CeMIT (Ferreirós, 1 Cordeiro). 10 a 14 horas;
19 de xullo Oroso. Aula CeMIT (rúa do Deporte 9). 10 a 14 horas;
27 de xullo A Estrada. Aula CeMIT (Avenida Benito Vigo, 94, 1º). 10 a 14 horas;
31 de xullo O Barco de Valdeorras. Aula CeMIT (Casa do Concello. Praza do Concello 2, 2º andar). 10 a 14 horas;
31 de xullo Vigo. Aula CeMIT (Auditorio Pazo Congresos Mar de Vigo (Entrada UNED) - 5ª planta. Avda. Beiramar, 59) 9:30 a 13:30 horas;
8 de agosto Ponteareas. Aula CeMIT (Centro de Servizos Sociais, rúa Oriente, 8). 17 a 21 horas;
9 de agosto Betanzos. Aula CeMIT. Oficina municipal de información xuvenil (rúa Emilio Romay, 1). 9:30 a 13:30 horas;
2 de setembro Guitiriz. Aula CeMIT (rúa do Concello, s/n. Casco Urbano). 10 a 14 horas;
4 de setembro Cuntis. Aula CeMIT (Casa do Médico. Circunvalación Don Aurelio, 65). 16 a 20 horas;
7 de setembro Quiroga. Aula CeMIT (Casa da Cultura. Rúa Real, s/n). 16 a 20 horas;
12 de setembro Castrelo de Miño. Aula CeMIT (Avda do Concello nº7 A, Paradela, Barral). 10 a 14 horas;
13 de setembro Moaña. Aula CeMIT (rúa María Martin, 4. Casa da Mocidade. Casco Urbano). 16 a 20 horas;
18 de setembro Vimianzo. Aula CeMIT (rúa A Braña, s/n. Casa da Cultura de Vimianzo). 16 a 20 horas;
19 de setembro Boiro. Aula CeMIT (Centro Social, 1º andar. Rúa Principal s/n). 16 a 20 horas;
2 de outubro Ribeira. Aula CeMIT (rúa 1 Cubeliño, Nº 20). 10 a 14 horas;
3 de outubro Celanova. Aula CeMIT (Parque das Triguerizas s/n). 10 a 14 horas;
4 de outubro San Sadurniño. Aula CeMIT (Avda Marques de Figueroa, 11). 10 a 14 horas;

PUBLICIDADE